sábado, 11 de diciembre de 2010

Engadir os repositorios de Google

Sempre que desexemos novos repositorios en Ubuntu, necesitamos   importar a chave pública dos repositorios que permite verificar o paquete antes de baixalo. No caso dos repositorios de Google temos que abrir un terminal (Aplicaciones->Accesorios->Terminal) e pegar a seguinte liña.


$ wget -q -O - http://dl.google.com/linux/linux_signing_key.pub | sudo apt-key add -
 
 
 
No terminal podemos pegar premendo a roda (do medio) do rato. Vainos pedir a nosa contrasinal. 
 
 
Agora abrimos Synaptic e no menú imos a Configuración->Repositorios e seleccionamos a pestana de 
"Otro Software" prememos en "Añadir".
 
 
Agora pegamos no recadro a seguinte liña.
 
deb http://dl.google.com/linux/deb/ stable non-free 
 
 
 
Lle damos a "Añadir Origen", pechamos e logo o botón de Recargar. Agora xa podemos buscar no Synaptic o Google Chrome ou Picasa e instalalo en Ubuntu.
 

domingo, 21 de noviembre de 2010

Engadir repositorios a Synaptic

Para poder instalar programas en Ubuntu xeralmente recurrimos a Synaptic, Sistema->Administración->Gestor de paquetes Synaptic.

Para poder acceder a máis aplicacións que as que o sistema permite instalar por defecto necesitamos engadir outros repositorios; un repositorio é o servidor dende o que os sistemas Linux (Ubuntu é un sistema Linux) poden instalar novos programas.
Para engadir outros repositorios temos que ir a Configuración->Repositorios, e unha vez aberta a fiestra seleccionamos a pestana Otro Software.

Temos que asegurarnos de ter seleccionadas as dúas entrada que aparecen na captura de pantalla. A continuación pechamos e cando volvemos prememos en actualizar (o botón da parte superior dereita do Synaptic).
A partir de agora podemos acceder a novos programas e pluguins que antes no tiñamos dispoñibles.

lunes, 8 de noviembre de 2010

Redimensionar Imaxes

Moitas veces queremos imaxes para poder envialas por email ou para subilas a aula virtual, o ideal é que cada imaxe nunca exceda dos 512kb e se poden ser da metade de tamaño mellor aínda. ¿Cómo podemos facelo en Ubuntu?.

En Ubuntu redimensionar varias imaxes simultaneamente é moi sinxelo, simplemente temos que ter instalado o paquete nautilus-image-converter.

Unha vez nos aseguramos de ter o programa, imos o carpeta das imaxes as seleccionamos todas (coa tecla control ou a de maiúsculas) e prememos o botón dereito seleccionamos redimensionar imaxes


Eliximos as opcións que máis nos conveñan, e xa temos as imaxes redimensionadas.




viernes, 5 de noviembre de 2010

5º Sesión 8/11/2010

Imos continuar coas ferramentas que temos para a creación de contidos. A ferramenta que imos utilizar hoxe está feita por un profesor coma nos, Fran Macías e ademais é coordinador Abalar, chámase LIM (libros multimedia interactivos).
Trátase de unha ferramenta fácil de utilizar pero que ten moitas actividades diferentes e funcionan moi ben, unha vez subidas a un servidor de contidos coma pode ser a aula virtual.
Os adianto que o noso obxectivo vai a ser subir 2 ou 3 actividades a aula virtual.
A continuación imos ver unha serie de pantallazos cun exemplo de actividade.

Primeiro abrimos Lim


Seleccionamos Novo para crear unha nova actividade.



 

¿Podedes ver onde vai a buscar os vosos recursos? 
Na parte superior temos o cartafol de recursos. Eu aconsellaría que esa carpeta sexa a mesma onde imos gardar as nosas actividades, polo tanto copiamos nesta carpeta as imaxes ou sons necesarias para a actividade.

A continuación na fiestra de "Propiedades", cubrimos todas aquelas opcións que consideremos oportunas. Podedes ver coma personalicei a miña actividade. Lembra de gardar.



 Agora imos premer en "Páxinas" no menú superior. Aquí temos todas as actividades dispoñibles en LIM, e podemos construír un libro con varias actividades diferentes.


Se prememos en frases, temos unha fiestra coma a que podedes ver a continuación. Nela podemos ir poñendo definicións ou expresións, e a continuación a mesma definición pero sen algunha palabra para que o rapaz as complete. Eu puxen raias para saber onde está o oco, xa que non os pon automaticamente.



 Nesta outra actividade podemos asociar imaxes a nomes, logo o alumno terá que descubrilas. Garda de vez en cando.


 Agora que xa rematamos temos que exportar a nosa actividade, unha vez feita a exportación teremos que coller todos os arquivos xerados por LIM e subilos por exemplo a nosa aula virtual. Para probar abrimos o arquivo .html que xeramos no navegador.


A actividade quedaría así.



martes, 2 de noviembre de 2010

Como crear un video rápidamente con Picasa

Como crear un video rápidamente con Picasa: "Hace bastante tiempo que conozco y uso el programa Picasa para organizar las fotos que descargo de la cámara, hacer sencillos retoques, subir carpetas a los albumes web y en alguna ocasión hasta para grabar CD/DVD recopilatorios.Pero, muchas más opciones tiene este programa. Una que no había probado hasta el otro día es la que nos permite crear una película con nuestras fotos. Con esta aplicación"

lunes, 1 de noviembre de 2010

Ardora a pantallazos

Neste enlace podes ver o resultado.

A aula Abalar

Déixovos unha imaxe da aula Abalar, para ir facéndonos a idea. En realidade penso que no noso instituto a parede de costas ao profesor vai quedar moi parecida.
¿Qué opinades?

domingo, 24 de octubre de 2010

Cuarta sesión 25/10/2010

Os sistemas GNU/Linux baséanse nos usuarios e nos permisos que teñen para acceder co sistema. Nestes sistemas os permisos asignase ao propietario do recurso, ao grupo a que pertence e ao resto de usuarios que accedan a él. Estes permisos poden ser de lectura, escritura e execución.

  • Estudaremos estes permisos, poñendo coma exemplo un arquivo.
  • Descargaremos Ardora, modificaremos os permisos e o executaremos con Wine.
  • Veremos o funcionamento do programa de debuxo de Open Office.
  • Coma proposta de tarefa imos crear na casa unha pequena actividade en Ardora.

sábado, 16 de octubre de 2010

Terceira sesión 18/10/2010

Nesta sesión faremos algunhas das tarefas cotiás que facemos con Windows coma reprodución dun arquivo multimedia, acceder a unha web ou o noso correo.
Lembra que sempre que uses un arquivo na aula hai que probalo no ordenador da aula, e ter unha alternativa.

  • O programa que imos usar para reprodución de vídeo é o VLC o mesmo que en Windows xa que é un programa que recoñece a gran maioría de formatos.
  • Temos que ter precaución ao escoller os arquivos para a asegurarnos a súa compatibilidade.
Formatos aconsellados de vídeo son os vídeos avi, de tipo XVID ou DIVX (son os de máis calidade), os flv (son de tipo flash), os mp4 ou mpg (mpeg). Aínda así sempre e totalmente aconsellable probar o arquivo no ordenador da aula, e ademais ter un plan B. O audio do vídeo ten o seu propio formato que pode ser mp3, ac-3 ou mpg.
En audio os formatos adecuados son mp3, wav ou aac.
En imaxes os recomendados son jpg e png, o bmp é totalmente desaconsellado debido o seu peso.
  • Si necesitas reproducir un arquivo multimedia e non estás seguro de que funcione, existe un programa Format Factory, é para Windows pero é moi sinxelo de manexar e permite transformar os arquivos multimedia o formato máis adecuado .
  • Imos a comentar algúns dos enlaces máis destacados do grupo Abalar.
  • Imos comentar coma utilizar algún recurso educativo.

sábado, 9 de octubre de 2010

Segunda sesión 11/10/2010

Esta semana imos acceder a Ubuntu, para ir rompendo o xeo.

Obxectivos da sesión:
  • Accedemos o sistema.
  • Buscar a carpeta de usuario, localizar as miñas imaxes.
  • Buscamos o navegador (mozilla firefox), engadimos os botóns de Mister Wong a barra do navegador. A continuación engadimos un novo marcador.
  • Imos buscar en aplicacións writer de OpenOffice e algún programa de debuxo.
  • Localizar o programa que nos permite instalar aplicacións, a continuación facer unha captura de pantalla e gardala. Podes probar a instalar algún programa.
  • ....
  • Apagar o sistema.
  • ¿Xa baixaches algún recurso dalgunha web educativa, pensaches a utilidade do recurso, como o vas utilizar na aula, que metodoloxía vas a utilizar, para que te sirve?.

miércoles, 6 de octubre de 2010

¿Qué é Ubuntu?



Ubuntu
é un sistema operativo do tipo GNU/Linux, é ademais libre pois pódese distribuír e modificar libremente polos usuarios.
O aspecto e bastante similar a Windows e o tratarse dun sistema destinado o usuario final tamén é bastante sinxelo.

Na actualidade distribúese a versión 10.04, e cada 6 meses actualízase a unha nova versión co que se garante as melloras e as actualizacións.
No proxecto Abalar que leva a Xunta de Galicia a versión de Ubuntu é tamén a 10.04 adaptada para netbook.
Os sistemas GNU/Linux teñen como piar de funcionamento os usuarios do sistema sempre que ocorre algo no sistema hai algún usuario deste que é o que carga coa responsabilidade. Temos que ter claro que sempre que accedemos a un entorno GNU/Linux somos un usuario con uns privilexios e unhas limitacións, e si queremos facer algo que non nos corresponde o mínimo que pode suceder é que nos pida unha contrasinal.

Outra características destes sistemas é a gran cantidade de aplicacións libres dispoñibles, sendo a súa instalación moi sinxela empregando un sistema de instalación baseado en paquetes, os cales encóntranse aloxados en servidores. Un dos mellores programas que permite a instalacións dos programas é synaptic en modo de fiestras e aptitude en modo consola.
O modo fiestra é coñecido por todos xa que e igual que en Windows, pero en Linux conservase un modo textual para manexar o sistema o que en moitas ocasións da un maior dominio a os administradores e en outras ocasións pode dar solución a pequenos problemas o usuario final.

A primeira vez con Ubuntu

A primeira vez que entramos en un ordenador con Ubuntu e moi probable que teña arranque dual, e dicir o acender o aparello podas elixir entre Windows e Ubuntu. No noso insti para poder seleccionar o sistema de arranque tes que premer a tecla esc cando o ordenador empeza a andar e logo elixes a primeira opción do menú (nesta pantalla no funciona o rato).
Unha vez o ordenador arranca poden sucede dúas cousas:
Que entres nun entorno de fiestras similar a Windows, ¡parabéns xa estas en Ubuntu un mundo libre!. Neste caso o sistema está configurado para entrar directamente cun usuario predeterminado (no noso insti usuario01).
Que che apareza un cadro onde o premer che pide que selecciones un usuario e logo un contrasinal, neste caso pídelle o responsable da aula o nome do usuario e da contrasinal.

Sempre que entremos en Ubuntu ou nun GnuLinux temos que ter unha conta de usuario, pero ademais existe un usuario especial que ten o control completo do sistema, é o root, o superusuario dos sistemas Linux/Unix.

Xa estamos no sistema




¿Onde está o inicio?. Mira arriba a túa esquerda alí temos o menú coas aplicacións as nosas carpetas (lugares), o sistema. O primeiro é o primeriro imos ver que ten.

domingo, 3 de octubre de 2010

Primeira sesión (4-5/10/2010)

Nesta sesión pretendemos acadar os seguintes obxectivos:

  1. Temos que crear unha conta persoal en Míster Wong, darnos de alta no grupo Abalar, e engadir a lo menos dous marcadores. Os nosos enlaces.
  2. Tes que acceder a pestana de cousas, para poder usar as ferramentas que nos permiten marcar as páxinas.
  3. Unha vez rematada a práctica de Míster Wong imos buscar un recurso en Internet.
  4. Tamén imos necesitar unha conta en Gmail, para poder editar entradas no noso blog.
Debemos ter claro a utilidade do recurso na aula, en que parte da materia o imos utilizar, que obxectivos imos traballar, con que contidos ten relación e como o ides utilizar na aula.
Tamén temos que analizar que recursos necesitamos e si estarían dispoñibles. Debemos pensar sempre a priori o que pode ir mal, e asumir que algo vai a ir mal. Sempre necesitamos un planB.