martes, 31 de mayo de 2011

Memoria do Obradoiro Abalar 2010/2011-IES Fene

a) Análise do contexto no que se desenvolveu o proxecto Abalar.

O proxecto Abalar desenvolveuse no IES de Fene, de forma continuada o longo do curso académico 2010/2011.
O proxecto abarcou un aula de 1º ESO de 29 alumnos.
Neste proxecto participaron 10 profesores que impartiron clase na aula anteriormente citada, ademais participaron voluntariamente e activamente outros profesores que acudiron a algunhas sesión.
A diversidade de niveles entre o profesorado foi moi acusado, sendo o maior problema encontrado para o desenvolvemento dos contidos. A adaptación foi complicada e en ocasions provocou que o ritmo de ensinanza fora amodiño.
Para a impartición das sesións tíñamos un aula con 16 equipos con Ubuntu instalado máis un proxector, ademais da propia aula Abalar. Teño que sinalar que resoultou mellor traballar co profesorado con ordenadores fixos con Ubuntu, e utilizar a aula Abalar para aqueles contidos relacionados directamente coa aula.

b) Xustificación das variacións introducidas respecto do proxecto inicial, se é o caso (temporalidade, metodoloxía, contidos, participantes,…).

Participación

A participación foi moi satisfactoria acadando todo o profesorado con holgura o mínimo de horas de participación, ademais sei que adicaron moitas horas a maiores do seu temp nas súas casas.

Metodoloxía

Na primeita mitade do curso houbo moitas sesións de impartició de contidos e menos práctica, o profesorado a práctica que facía era unha repetición do que se lles pedía directamente. Na segunda parte sobre todo despois da venida da aula Abalar, o profesorado participaba e facía práctica directa do que se facía na clase. Habendo varias sesións no que manexaba os recursos da aula sendo nestas sesión a miña participación mínima.

Temporalidade

As reunions do grupo eran de 2 a 3 horas semanais en sesións de tarde os xoves.

c) Consecución dos obxectivos:

Obxectivos propostos.
Xa está nas fichas, ou si non esta pode deducirse delas, pero coma parece que hai que explicar todo.

Queríamos aprender un pouco da web 2,0
Tamén de Ubuntu, e dos programas Ubuntu en Abalar.
E coma era a aula Abalar.
Queríamos manexar as aulas virtuais.
Vimos o do servidor de recursos.
E manexar o software de Smart.
Eu quixen ensinarlles algo do manexo de programas de creación actividades educativas.
Obxectivos acadados ao final do proceso.
Pois menos o que non acadamos que o podedes ler en baixo.
Obxectivos non acadados e xustificación das causas.
Non acadamos o obsectivo de crear actividades educativas interactivas utilizando Ardora ou Lim ou Hotpotatoe ou Jclic, pero e que non era deste ano.

d) Contidos desenvolvidos e actividades realizadas, de xeito breve.

A web 2.0. Sindicación de cotidos. O blog.
O entorno Ubuntu,  programas Ubuntu en Abalar. Manexo de arquivos e carpetas. nstalación de aplicacións.
A aula Abalar. Os recursos da aula Abalar. Organización da aula.
Aulas virtuais. O entorno Moodle. Cración de contidos e actividades en Moodle.
O servidor de recursos. Búsqueda de recursos. A carteira de recursos. Subida de recursos.
Manexo da PDI.  Software de Smart Notebook. Creación de presentacións con o software de Smart.
Ardora e LIM. Creación de actividades interactivas.
As actividades:
Fixemos sindicación de contidos, con Mister Wong.
Utilizamos a PDI e o Netbook. Fexemos prácticas directas, e na aula de informática para crear presentacións con software.
Creamos contidos ou  subimos actividades na aula virtual persoal ou de probas de cada profesor.
Fixemos presentacións co Notebook. Instalamos o software no Ubutu da aula de informática, e vimos as características do programa e apredimos a facer presectacións utilizando imaxes, logos, animacións etc.
Utilizamos o Ardora e o LIM, e fixemos algún exemplo, ainda que o tema de crear actividades interactivas tería que profuncizarse no seguinte curso.

e) Conclusións finais sobre os logros e incidencia no centro. Modificacións a introducir no Plan TIC adaptado ás necesidades do centro trala experiencia.

A incidencia no centro é que algúns dos profesores teñen acadado soltura para manexar os recursos informáticos do centro.
Penso que as modificacións do Plan TIC debería ir cara os seguintes puntos:
  1. Debería haber obradoiros continuados e semanais dentro (a maiores) do horario lectivo do centro, con grupos pequenos de profesores (pero abarcando a todolos profesores do centro), dunha hora de duración.
  2. O profesorado tiña que ter a obriga, de ter unhas competencias dixitais relacionadas coa súa materia. Por suposto esto ten que ser algo progresivo e coa implicación das organismos que teñan que ser, para garantir a formación.
  3. O profesorado ten que mentalizarse da importancia dos medios dixitais no momento que lle toca vivir, e que o alumno ten outra forma de aprender; que non quere dicir que non teña que aprender tamén polo método tradicional.
Estas modificacións implican ir máis alo do Plan TIC por suposto. Na actualidade o Plan TIC e un documento máis no centro, máis ou menos adornado, no que as modificacións necesarias para que o profesorado teña máis competencia dixital exceden das súas competencias.

f) Relación detallada dos materiais didácticos elaborados: cartafol onde figuren aqueles que sexa posible.

Minuto 1:56 deste vídeo http://www.youtube.com/watch?v=sLLlwJcQ--Y (espero que saquedes conclucións, quen teña que sacalas, que eu nos sei que é (o que as ten que sacar)). Ainda que o mellor non os gusta Jordi Adell (ou pode que non teña razón).

Pero algo fixemos por suposto todos os profesores manipularon e puxeron contidos na súa aula virtual xa fose de proba ou a defintiva.
E temos un blog que nos orienta para seguir o obradoiro:
http://abalandofene.blogspot.com/
E en Mister Wong temos un grupo de sindicación de contidos educativos que colabora con outro do IES Sofía Casanova: http://www.mister-wong.es/groups/Abalar/