lunes, 10 de octubre de 2011

PFAC en Fene- ¿Haber se nolo conceden?

CREACIÓN E UTILIZACIÓN DE MATERIAIS E RECURSOS NA AULA ABALAR


O IES de Fene é un centro dinámico no que se refire o tema das NTIC. Hai moito que mellorar e moitas destrezas que adquirir. Pero un grande porcentaxe do profesorado demanda utilizalas, reserva as aulas de ordenadores ou as das PDI, e leva os alumnos para facer traballos de investigación e todo tipo de actividades.
No IES de Fene para a ESO e Bacherelato contamos con dúas aulas de informática, 4 PDI (contando a da aula Abarlar) e de momento unha aula Abalar, podemos dicir que utilízanse as NTIC acotío, o profesorado en xeral utiliza o ordenador as ferramentas de búsqueda de información, a Web e demais recursos tecnolóxicos na práctica docente.
O seguinte paso ten que ser, deseñar de maneira máis eficiente o seu uso; ideas estratexias para poder levar estas tecnoloxías a aula, e ir un paso máis adiante, empezar a crear os nosos propios materiais para a práctica docente.
Planificar o uso das NTIC ten a ventaxa que fai as clases máis eficientes, permite aproveitar mellor o tempo, ademais as fan máis dinámicas para o alumno, máis participativas e interactivas. Cando o docente crea ou selecciona os seus recursos a ensinanza é máis personalizada e céntrase máis no que o profesor pretende ensinar.
Unha parte fundamental é a selección de información incluso para a creación de materiais novos, sempre temos que partir de ideas, de estratexias e experiencias pedagóxicas previas. O coñecemento nace de ideas preexistentes e por suposto temos que respetar as autorías dos materiais utilizados.




O curso pasado no Proxecto Abalar centrámonos principalmente en Moodle, na PDI e a aula Abalar e tamén vimos o entorno Ubuntu e as súas aplicacións máis habituais. O obxectivo deste curso é poñer en práctica as destrezas acadadas e poder crear os nosos propios recursos.
Este tipo de proxecto vai a repercutir no IES no sentido de organizar, racionalizar e organizar o uso dos materiais e recursos dixitais na práctica educativa, xa que aínda que se usen estas acotío a eficiencia pode ser mellorable.

Obxectivos na práctica docente


  • Seleccionar recursos educativos de interese para a aula.
  • Utilizar as ferramentas da PDI para a creación de materiais de utilidade na práctica diaria.
  • Utilizar o LIM para a creación de materiais.
  • Utilizar Jclic para a creación de materiais.


  • Elaborar estratexias para integrar os materiais na clase e dentro do currículo da materia.
  • Elaborar estratexias de coordinación nas actividades entre as materias. Proxectos que involucren varias áreas.
  • A aula virtual e o banco de recursos coma medio para ordenar e clasificar recursos.

Programa de contidos, actividades e temporalización



O proxecto terá unha duración de 35 horas repartidas en reunións de 3 horas o mércores pola tarde de 4 a 7.


Teremos 15 horas de docencia directa cons seguintes contidos:
A PDI para a creación de contidos.(6 horas)
O LIM para a elaboracións de unidades didácticas.(3 horas)
O JCLIC creación de actividades para a aula.(3 horas)
Estratexias colaborativas na práctica diaria na aula e coordinación con outras materias.
O uso das NTIC na aula, selección de recursos.(3 horas)


O resto das reunións terán coma obxectivo a búsqueda, selección, creación de actividades e coordinación entre os integrantes do proxecto.


Temporalización

Data
Obxectivos
Horario
19/10/11                                         
Posta en común, organización do traballo
4:00-7:00
09/11/11
A PDI, selección de recursos. Estratexias de coordinación
4:00-7:00
23/11/11
Traballo do grupo (sempre con respecto a última sesión de docencia)
4:00-7:00
14/12/11
O PDI coma ferramenta para a creación de materiais.
4:00-7:00
11/01/12
Traballo en grupo
4:00-7:00
18/01/12
Traballo en grupo
4:00-7:00
08/02/12
LIM- creación de libros interactivos para unidades didácticas
4:00-7:00
29/02/12
Traballo en grupo
4:00-7:00
14/03/12
Jclic- actividades colaborativas entre áreas. Método de proxectos.
4:00-7:00
28/03/12
Traballo en grupo
4:00-7:00
11/04/12
JClic- creación de actividades interactivas para el aula.
4:00-7:00
18/04/12
Traballo en grupo
4:00-7:00




Metodoloxía

No centro vense utilizando as novas tecnoloxías dende moi atrás o problema é ordenar este uso e planificalo. O profesor coma xa mencionamos, utiliza a PDI diariamente, e as aulas de informática, temos en todos os ordenadores instalado o Ubuntu e parte dos docentes do cento xa están habituados a este software libre e comprenden a súa filosofía e utilidade. De todas maneiras, o recurso máis utilizado son as aulas virtuais, xa que é unha ferramenta moi potente para a compartición, para a interacción co alumno e para o seguimento personalizado do traballo de este.
A metodoloxía cando están involucradas as NTIC, ten que xirar sempre co contacto directo cos recursos. Nas sesións de docencia temos que facer prácticas simultáneas e directas coas aplicacións e os aparellos tecnolóxicos.
A metodoloxía ten que basearse en casos prácticos, poñemos un suposto e intentamos argallar unha solución coas ferramentas que temos. Deste xeito vemos simultanemente as posibles incidencias que logo van a aparecer na aula.
Eu ademais penso, que logo hai que deixar algún tipo de titorial práctico, para que o profesor repase aquel paso que esqueceu. Para estas cousas os titoriais baseados en pantallazos ou videotitoriais son moi prácticos e útiles. No IES soemos poñelos como posts nun blog que se chama “AbalandoFene”.
Ademais para as sesións de traballo en grupo, poñeremos como tarea a elaboración de contidos reais. Sería moi interesante plantexar algún tipo de actividade colaborativa entre máis dunha área. Deste xeito ir levando o profesor o método de proxectos ou proxectos colaborativos entre áreas. Para poder acadar bo resultados hai deixar claro dende un principio os obxectivos comúns e non comúns que queremos acadar cando nunha actividade están involucradas máis dunha área.


Organización de recursos humanos e materiais.



No IES temos para levar a cabo o proxecto un aula Abalar (de momento), na que teremos acceso a PDI. Temos un aula de informática co sistema operativo Ubuntu, e ademais co software da PDI instalado nos ordenadores.
Con estes recursos temos máis que suficiente para comezar e desenrolar o proxecto. Os profesores utilizarán a PDI os ordenadores para as actividades e tamén o ordenador do alumno para que coñeza o que o alumno pode facer con eles.


Avaliación



Por unha parte temos a avaliación dos materiais que saian do propio curso.
Neste punto avaliaremos:
A súa calidade, elaboración e a vistosidade.
A utilidade na aula, a interactividade e se a actividade é atractiva cara o alumno.
A adaptación os contidos, se a actividade serve para reforzar e adquirir os coñecementos ou procedementos.
Este punto pode valorarse analizado os materiais polo conxunto do profesorado integrante do proxecto. Nunha sesión podemos expoñer as actividades e analizalas.


Por outra banda tamén temos que avaliar a súa implantación na aula. Temos que avaliar o grado en que cada profesor leva estas destrezas a aula:
Non utiliza as NTIC.
Soamente utiliza o proxector.
Soamente utiliza a PDI.
Utilizan os alumnos os notebook.
Ademais do PDI, os notebook utiliza os seus propios recursos e materiais.


Este último cursos pode analizarse con enquisas o final do curso


Ten que analizarse o propio proxecto que pode realizarse en enquisas o final.
De todos modos existe para o proxecto unha avaliación máis importante que é o seguimento diario, este seguimento é o que determina o grado de profundización nos contidos e obxectivos, e as medidas que temos que tomar para ir adaptándonos as demandas e necesidades dos integrantes do grupo. Este seguimento non pode estar regulado por enquisas, ten que vir determinado pola observación do grado de consecución dos obxectivos marcados.