lunes, 21 de febrero de 2011

Actualización avanzada de ficheiros

Nesta actividade imos realizar na plataforma Moodle unha actividade do tipo "Actualización avanzada de ficheiros". Este tipo de actividade sirve para propoñerlle o alumno unha tarefa e que unha vez rematada a envíe a través da plataforma. A vantaxe de utilizar Moodle é que permítenos corrixir a actividade, enviarlle o alumno as correcións e ter estas actividades organizadas na nosa aula virtual, ademais de limitarlle as datas para a realización da actividade.
A continuación vemos unhas pantallas do proceso para crear esta actividade.


Nesta pantalla tedes os elementos principais que podedes configurar. Facede click para vela mellor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario