martes, 26 de junio de 2012
miércoles, 16 de mayo de 2012
lunes, 10 de octubre de 2011
PFAC en Fene- ¿Haber se nolo conceden?
CREACIÓN E UTILIZACIÓN DE MATERIAIS E RECURSOS NA AULA ABALAR
O IES de Fene é un centro dinámico no que se refire o tema das NTIC. Hai moito que mellorar e moitas destrezas que adquirir. Pero un grande porcentaxe do profesorado demanda utilizalas, reserva as aulas de ordenadores ou as das PDI, e leva os alumnos para facer traballos de investigación e todo tipo de actividades.
No IES de Fene para a ESO e Bacherelato contamos con dúas aulas de informática, 4 PDI (contando a da aula Abarlar) e de momento unha aula Abalar, podemos dicir que utilízanse as NTIC acotío, o profesorado en xeral utiliza o ordenador as ferramentas de búsqueda de información, a Web e demais recursos tecnolóxicos na práctica docente.
O seguinte paso ten que ser, deseñar de maneira máis eficiente o seu uso; ideas estratexias para poder levar estas tecnoloxías a aula, e ir un paso máis adiante, empezar a crear os nosos propios materiais para a práctica docente.
Planificar o uso das NTIC ten a ventaxa que fai as clases máis eficientes, permite aproveitar mellor o tempo, ademais as fan máis dinámicas para o alumno, máis participativas e interactivas. Cando o docente crea ou selecciona os seus recursos a ensinanza é máis personalizada e céntrase máis no que o profesor pretende ensinar.
Unha parte fundamental é a selección de información incluso para a creación de materiais novos, sempre temos que partir de ideas, de estratexias e experiencias pedagóxicas previas. O coñecemento nace de ideas preexistentes e por suposto temos que respetar as autorías dos materiais utilizados.
O curso pasado no Proxecto Abalar centrámonos principalmente en Moodle, na PDI e a aula Abalar e tamén vimos o entorno Ubuntu e as súas aplicacións máis habituais. O obxectivo deste curso é poñer en práctica as destrezas acadadas e poder crear os nosos propios recursos.
Este tipo de proxecto vai a repercutir no IES no sentido de organizar, racionalizar e organizar o uso dos materiais e recursos dixitais na práctica educativa, xa que aínda que se usen estas acotío a eficiencia pode ser mellorable.
Obxectivos na práctica docente
- Seleccionar recursos educativos de interese para a aula.
- Utilizar as ferramentas da PDI para a creación de materiais de utilidade na práctica diaria.
- Utilizar o LIM para a creación de materiais.
- Utilizar Jclic para a creación de materiais.
- Elaborar estratexias para integrar os materiais na clase e dentro do currículo da materia.
- Elaborar estratexias de coordinación nas actividades entre as materias. Proxectos que involucren varias áreas.
- A aula virtual e o banco de recursos coma medio para ordenar e clasificar recursos.
Programa de contidos, actividades e temporalización
O proxecto terá unha duración de 35 horas repartidas en reunións de 3 horas o mércores pola tarde de 4 a 7.
Teremos 15 horas de docencia directa cons seguintes contidos:
A PDI para a creación de contidos.(6 horas)
O LIM para a elaboracións de unidades didácticas.(3 horas)
O JCLIC creación de actividades para a aula.(3 horas)
Estratexias colaborativas na práctica diaria na aula e coordinación con outras materias.
O uso das NTIC na aula, selección de recursos.(3 horas)
O resto das reunións terán coma obxectivo a búsqueda, selección, creación de actividades e coordinación entre os integrantes do proxecto.
Temporalización
Data | Obxectivos | Horario |
19/10/11 | Posta en común, organización do traballo | 4:00-7:00 |
09/11/11 | A PDI, selección de recursos. Estratexias de coordinación | 4:00-7:00 |
23/11/11 | Traballo do grupo (sempre con respecto a última sesión de docencia) | 4:00-7:00 |
14/12/11 | O PDI coma ferramenta para a creación de materiais. | 4:00-7:00 |
11/01/12 | Traballo en grupo | 4:00-7:00 |
18/01/12 | Traballo en grupo | 4:00-7:00 |
08/02/12 | LIM- creación de libros interactivos para unidades didácticas | 4:00-7:00 |
29/02/12 | Traballo en grupo | 4:00-7:00 |
14/03/12 | Jclic- actividades colaborativas entre áreas. Método de proxectos. | 4:00-7:00 |
28/03/12 | Traballo en grupo | 4:00-7:00 |
11/04/12 | JClic- creación de actividades interactivas para el aula. | 4:00-7:00 |
18/04/12 | Traballo en grupo | 4:00-7:00 |
Metodoloxía
No centro vense utilizando as novas tecnoloxías dende moi atrás o problema é ordenar este uso e planificalo. O profesor coma xa mencionamos, utiliza a PDI diariamente, e as aulas de informática, temos en todos os ordenadores instalado o Ubuntu e parte dos docentes do cento xa están habituados a este software libre e comprenden a súa filosofía e utilidade. De todas maneiras, o recurso máis utilizado son as aulas virtuais, xa que é unha ferramenta moi potente para a compartición, para a interacción co alumno e para o seguimento personalizado do traballo de este.
A metodoloxía cando están involucradas as NTIC, ten que xirar sempre co contacto directo cos recursos. Nas sesións de docencia temos que facer prácticas simultáneas e directas coas aplicacións e os aparellos tecnolóxicos.
A metodoloxía ten que basearse en casos prácticos, poñemos un suposto e intentamos argallar unha solución coas ferramentas que temos. Deste xeito vemos simultanemente as posibles incidencias que logo van a aparecer na aula.
Eu ademais penso, que logo hai que deixar algún tipo de titorial práctico, para que o profesor repase aquel paso que esqueceu. Para estas cousas os titoriais baseados en pantallazos ou videotitoriais son moi prácticos e útiles. No IES soemos poñelos como posts nun blog que se chama “AbalandoFene”.
Ademais para as sesións de traballo en grupo, poñeremos como tarea a elaboración de contidos reais. Sería moi interesante plantexar algún tipo de actividade colaborativa entre máis dunha área. Deste xeito ir levando o profesor o método de proxectos ou proxectos colaborativos entre áreas. Para poder acadar bo resultados hai deixar claro dende un principio os obxectivos comúns e non comúns que queremos acadar cando nunha actividade están involucradas máis dunha área.
Organización de recursos humanos e materiais.
No IES temos para levar a cabo o proxecto un aula Abalar (de momento), na que teremos acceso a PDI. Temos un aula de informática co sistema operativo Ubuntu, e ademais co software da PDI instalado nos ordenadores.
Con estes recursos temos máis que suficiente para comezar e desenrolar o proxecto. Os profesores utilizarán a PDI os ordenadores para as actividades e tamén o ordenador do alumno para que coñeza o que o alumno pode facer con eles.
Avaliación
Por unha parte temos a avaliación dos materiais que saian do propio curso.
Neste punto avaliaremos:
A súa calidade, elaboración e a vistosidade.
A utilidade na aula, a interactividade e se a actividade é atractiva cara o alumno.
A adaptación os contidos, se a actividade serve para reforzar e adquirir os coñecementos ou procedementos.
Este punto pode valorarse analizado os materiais polo conxunto do profesorado integrante do proxecto. Nunha sesión podemos expoñer as actividades e analizalas.
Por outra banda tamén temos que avaliar a súa implantación na aula. Temos que avaliar o grado en que cada profesor leva estas destrezas a aula:
Non utiliza as NTIC.
Soamente utiliza o proxector.
Soamente utiliza a PDI.
Utilizan os alumnos os notebook.
Ademais do PDI, os notebook utiliza os seus propios recursos e materiais.
Este último cursos pode analizarse con enquisas o final do curso
Ten que analizarse o propio proxecto que pode realizarse en enquisas o final.
De todos modos existe para o proxecto unha avaliación máis importante que é o seguimento diario, este seguimento é o que determina o grado de profundización nos contidos e obxectivos, e as medidas que temos que tomar para ir adaptándonos as demandas e necesidades dos integrantes do grupo. Este seguimento non pode estar regulado por enquisas, ten que vir determinado pola observación do grado de consecución dos obxectivos marcados.
martes, 31 de mayo de 2011
Memoria do Obradoiro Abalar 2010/2011-IES Fene
a) Análise do contexto no que se desenvolveu o proxecto Abalar.
O proxecto Abalar desenvolveuse no IES de Fene, de forma continuada o longo do curso académico 2010/2011.
O proxecto abarcou un aula de 1º ESO de 29 alumnos.
Neste proxecto participaron 10 profesores que impartiron clase na aula anteriormente citada, ademais participaron voluntariamente e activamente outros profesores que acudiron a algunhas sesión.
A diversidade de niveles entre o profesorado foi moi acusado, sendo o maior problema encontrado para o desenvolvemento dos contidos. A adaptación foi complicada e en ocasions provocou que o ritmo de ensinanza fora amodiño.
Para a impartición das sesións tíñamos un aula con 16 equipos con Ubuntu instalado máis un proxector, ademais da propia aula Abalar. Teño que sinalar que resoultou mellor traballar co profesorado con ordenadores fixos con Ubuntu, e utilizar a aula Abalar para aqueles contidos relacionados directamente coa aula.
b) Xustificación das variacións introducidas respecto do proxecto inicial, se é o caso (temporalidade, metodoloxía, contidos, participantes,…).
Participación
A participación foi moi satisfactoria acadando todo o profesorado con holgura o mínimo de horas de participación, ademais sei que adicaron moitas horas a maiores do seu temp nas súas casas.
Metodoloxía
Na primeita mitade do curso houbo moitas sesións de impartició de contidos e menos práctica, o profesorado a práctica que facía era unha repetición do que se lles pedía directamente. Na segunda parte sobre todo despois da venida da aula Abalar, o profesorado participaba e facía práctica directa do que se facía na clase. Habendo varias sesións no que manexaba os recursos da aula sendo nestas sesión a miña participación mínima.
Temporalidade
As reunions do grupo eran de 2 a 3 horas semanais en sesións de tarde os xoves.
c) Consecución dos obxectivos:
Obxectivos propostos.
Xa está nas fichas, ou si non esta pode deducirse delas, pero coma parece que hai que explicar todo.
Queríamos aprender un pouco da web 2,0
Tamén de Ubuntu, e dos programas Ubuntu en Abalar.
E coma era a aula Abalar.
Queríamos manexar as aulas virtuais.
Vimos o do servidor de recursos.
E manexar o software de Smart.
Eu quixen ensinarlles algo do manexo de programas de creación actividades educativas.
Obxectivos acadados ao final do proceso.
Pois menos o que non acadamos que o podedes ler en baixo.
Obxectivos non acadados e xustificación das causas.
Non acadamos o obsectivo de crear actividades educativas interactivas utilizando Ardora ou Lim ou Hotpotatoe ou Jclic, pero e que non era deste ano.
d) Contidos desenvolvidos e actividades realizadas, de xeito breve.
A web 2.0. Sindicación de cotidos. O blog.
O entorno Ubuntu, programas Ubuntu en Abalar. Manexo de arquivos e carpetas. nstalación de aplicacións.
A aula Abalar. Os recursos da aula Abalar. Organización da aula.
Aulas virtuais. O entorno Moodle. Cración de contidos e actividades en Moodle.
O servidor de recursos. Búsqueda de recursos. A carteira de recursos. Subida de recursos.
Manexo da PDI. Software de Smart Notebook. Creación de presentacións con o software de Smart.
Ardora e LIM. Creación de actividades interactivas.
As actividades:
Fixemos sindicación de contidos, con Mister Wong.
Utilizamos a PDI e o Netbook. Fexemos prácticas directas, e na aula de informática para crear presentacións con software.
Creamos contidos ou subimos actividades na aula virtual persoal ou de probas de cada profesor.
Fixemos presentacións co Notebook. Instalamos o software no Ubutu da aula de informática, e vimos as características do programa e apredimos a facer presectacións utilizando imaxes, logos, animacións etc.
Utilizamos o Ardora e o LIM, e fixemos algún exemplo, ainda que o tema de crear actividades interactivas tería que profuncizarse no seguinte curso.
e) Conclusións finais sobre os logros e incidencia no centro. Modificacións a introducir no Plan TIC adaptado ás necesidades do centro trala experiencia.
A incidencia no centro é que algúns dos profesores teñen acadado soltura para manexar os recursos informáticos do centro.
Penso que as modificacións do Plan TIC debería ir cara os seguintes puntos:
- Debería haber obradoiros continuados e semanais dentro (a maiores) do horario lectivo do centro, con grupos pequenos de profesores (pero abarcando a todolos profesores do centro), dunha hora de duración.
- O profesorado tiña que ter a obriga, de ter unhas competencias dixitais relacionadas coa súa materia. Por suposto esto ten que ser algo progresivo e coa implicación das organismos que teñan que ser, para garantir a formación.
- O profesorado ten que mentalizarse da importancia dos medios dixitais no momento que lle toca vivir, e que o alumno ten outra forma de aprender; que non quere dicir que non teña que aprender tamén polo método tradicional.
Estas modificacións implican ir máis alo do Plan TIC por suposto. Na actualidade o Plan TIC e un documento máis no centro, máis ou menos adornado, no que as modificacións necesarias para que o profesorado teña máis competencia dixital exceden das súas competencias.
f) Relación detallada dos materiais didácticos elaborados: cartafol onde figuren aqueles que sexa posible.
Minuto 1:56 deste vídeo http://www.youtube.com/watch?v=sLLlwJcQ--Y (espero que saquedes conclucións, quen teña que sacalas, que eu nos sei que é (o que as ten que sacar)). Ainda que o mellor non os gusta Jordi Adell (ou pode que non teña razón).
Pero algo fixemos por suposto todos os profesores manipularon e puxeron contidos na súa aula virtual xa fose de proba ou a defintiva.
E temos un blog que nos orienta para seguir o obradoiro:
http://abalandofene.blogspot.com/
http://abalandofene.blogspot.com/
E en Mister Wong temos un grupo de sindicación de contidos educativos que colabora con outro do IES Sofía Casanova: http://www.mister-wong.es/groups/Abalar/
jueves, 17 de marzo de 2011
As familias e Abalar
As nais e pais dos alumnos que estean en Abalar, poden acceder aos recursos que brinda a xunta de Galicia a través da plataforma espazoAbalar. Nela poderán vía acreditación acceder a información académica da súa filla ou fillo ou acceder a recursos educativos subidos a plataforma polos profesores que traballa neste proxecto.A web do espazoAbalar é http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/.
Ademais neste outro enlace podemos ver as características técnicas dos equipos e da dotación da aula Abalar http://www.edu.xunta.es/web/node/1499 .
Ademais neste outro enlace podemos ver as características técnicas dos equipos e da dotación da aula Abalar http://www.edu.xunta.es/web/node/1499 .
Espazo Abalar. Guía das familias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)